Parroquia de Meira

Lugar de encuentro …

Descrición do TemploDescripción del Templo

A Igrexa ten planta de cruz latina, con tres naves no brazo maior, unha no cruceiro e con cinco capelas na cabeceira (F.1). Cúbrese cunha bóveda de canón apuntado. Ao igual que na maioría dos mosteiros cistercienses, a fachada forma un ángulo recto co resto do mosteiro. Escasamente pode ter algo que sobresaia fóra da súa severidade característica cisterciense. Desapareceu totalmente o claustro procesional, o mesmo que sucedeu coa fermosa sala capitular e, de igual modo, ca o resto das estancias. O único que se conserva intacto do Mosteiro é a Igrexa, que é a parte máis artística. É interesante porque conserva, máis que ningunha outra en España, a pureza do Cister Borgoñón.

A fachada está dividida en tres fragmentos verticais que se corresponden coas tres naves (F.2). O fragmento central está,  á súa vez repartido noutras dúas zonas horizontais. No primeiro fragmento, ao norte, destaca na parte de abaixo, unha porta tapiada de pouca altura, que conducía ao interior da Igrexa por medio do Baptisterio .

No tramo central distínguense con facilidade as dúas zonas horizontais: a parte alta, onde chama a atención un grandioso rosetón con arcos radiais circunscritos e cristais de cores, que achega unha gran luminosidade á nave central e á Capela Maior.

Na parte baixa desta fachada, aparecen dúas ventás estreitas aos dous lados, e xusto debaixo, unha magnífica porta baixo un tímpano liso e flanqueada por tres columnas embebidas en cada xamba, das que arrancan as arquivoltas que completan a súa decoración. Sen embargo, a parte que máis chama a atención é a propia porta de madeira maciza e decorada con orixinais ferraxes de finais do século XIII (F.3)

Sen dúbida, excepcional obra das poucas que podemos atopar ao longo da xeografía española. Entre a amplísima variedade de formas, podemos atopar imaxes zoomórficas como: cans, serpes, cabezas de xabarís, unha cabeza de dagrón e unha ra (F.4). Tamén aparece repetidamente a flor de lis. No fragmento que corresponde á nave sur, está a torre do reloxo e do campanario, do que as campás obedecen unicamente os sinais horarios.

No lateral desta mesma nave (F.5), vemos os restos dos arranques dos arcos do claustro que, en 1585, os monxes encargaron  construír a Juan de la Sierra, de Secadura (Laredo-Santander). No medio de cada unión hai dous arcos cegos. Sobre estes aparece outra porta tapiada, tamén de medio punto, neste caso serviría para dar acceso desde a parte alta do claustro, do corredor, ao interior do templo, concretamente ao coro alto.

Ao final desta arquitectura consérvase unha estancia pechada, de unión entre a parte alta do claustro e a Igrexa (F.5). Este era un acceso de uso exclusivo para os monxes. Da mesma  exclusividade eran as dúas portas tapiadas que se distinguen na parede do cruceiro. A porta baixa correspondía á Sacristía, e a de arriba, era chamada de Maitines, por ser usada polos monxes para acceder dende o dormitorio ao templo para o rezo de Maitines.

No alto deste mesmo muro, observamos unha impresionante espadana con tres campás, dúas ao par e unha superposta, feitas en Mondoñedo por Blanco Palacio, nos anos 1862 e 1866 (F. 6). O seu uso está destinado aos avisos, ben sexa para a eucaristía diaria, dos días festivos, como avisos para anunciar os defuntos da parroquia.

Continuamos rodeando o templo e atopámonos con cinco capelas das cales catro son cadradas e iguais e a central e máis grande é semicircular, decorada con bólas, follas,  motivos xeométricos e unha cabeza de xabaril. As ventás  que  achegan  luz son abucinadas,  estreitas e tamén de medio punto.

A capela central ten adxunta unha estancia cadrada que a abarca por completo (F.7). A súa construción é posterior e recorre a parte traseira da ábsida situándose nela a sacristía. Nesta zona da cabeceira, se nos situamos mirando hacia a Serra de Meira, é dicir, hacia o nacente, vemos que á nosa man dereita aínda existe un tramo de muralla. Era de pedra e cercaba parte do entorno monástico.

Na parede norte da Igrexa, atópase novamente unha porta na zona do cruceiro que dá  acceso dereito á  Igrexa, é chamada a “Porta dos mortos” (F.8). A entrada componse dun arco de medio punto, portón de madeira maciza. Aos lados acompáñana dous pares de columnas con bases decoradas e ben conservadas. Na parte de arriba, hai unha gran ventá que ilumina esta parte do cruceiro.

Ao longo do muro desta nave norte (F.9) consérvanse unha serie de contrafortes embebidos na parede intercalándose cunhas ventás un pouco máis pequenas que as vistas anteriormente no cruceiro pero maiores ás da nave sur. Na parte de arriba hai outra serie de ventás que aumentan a luminosidade da nave central. Ao final deste muro, atopámonos de novo enfronte da fachada principal da Igrexa e do resto do conxunto conservado e que a día de hoxe se utiliza como Casa Reitoral, Concello e oficina de Correos (F.10)

Dispoñémonos a acceder ao interior da igrexa.

Dentro da igrexa destaca a altura que esta alcanza (F.12) e a claridade que entra polas fiestras, sobre todo polo rosetón (F.13). Xusto enriba da entrada  e baixo o rosetón, está o coro, con armazón de madeira. A día de hoxe atópase retrasado dous arcos, posto que o orixinal ocupaba un total de catro arcos. Nas dúas pilastras seguintes,  a terceira e a cuarta, aprécianse as marcas dos piares arrimados que faltan e sobre os que se sostiña o coro, así como o recorte do percorrido dos arcos faixóns que baixan desde o alto da bóveda de canón apuntado, e a súa traxectoria é máis curta que a dos demais.

Desta forma, a porta que aparece sobre o arco formeiro rebaixado (F-14), servía para acceder desde a parte alta do claustro ao coro alto anterior, lugar onde se situaban os Monxes.

A situación do gran rosetón non é arbitraria, como non o é ningún elemento que queiramos estudar, posto que todo ten un lugar e un porqué. Neste caso o rosetón servía para iluminar a igrexa, sendo especialmente útil á última hora da tarde, no ocaso, para rezar as Vésperas e Completas, último rezo do día.

No arco seguinte á porta de entrada ao coro, aprécianse con claridade as marcas onde estaba encaixada a reixa de clausura que separaba a parte baixa da igrexa ata onde podía entrar o pobo. Esta reixa, a día de hoxe é utilizada para cerrar o baptisterio. Parte destas pedras, que forman os arcos e o propio muro, están marcadas por distintos sinais que identificaban ao canteiro que as traballaba, por exemplo: “I, +, A, R…” A máis repetida é “I”, que se atopa sobre todo no lado norte do cruceiro e nas capelas dese lado (F.17).

No fondo da nave norte, entre as reixas, atópase o baptisterio.  A porta que lle dá acceso desde o exterior do templo, actualmente, está tapiada. Baixo a pía bautismal, valórase a posibilidade de que estea a piscina de inmersión.  Desta maneira, a persoa non bautizada que quixese entrar á igrexa, tería que acceder por esta estancia, bautizarse (e logo abriríase a reixa para unirse ao resto do pobo (F.16).

Nesta mesma nave do baptisterio, a media altura, está situado o retábulo de Santiago (F.19). A imaxe central corresponde a Santiago ecuestre, e as laterais a S. Roque á esquerda e a S. Xosé á dereita (á cal lle falta a imaxe do neno no regazo.) Deste retábulo non hai referencias en canto á fábrica nin ao autor ou autores. San Roque é copatrón de Meira. Só se sabe que a Orde de Santiago fixo no Mosteiro de Meira un altar dedicado a Santiago, probablemente é este.

Ao final desta nave, apréciase no chan un enterramento (F.20) con lápida esculpida e que pertence a Frei Atanasio Zepeda, monxe de Sobrado dos Monxes, que quixo que o soterrasen no mosteiro de Meira, en 1659. Este monxe estaba emparentado coa liñaxe dos Zepeda de Ávila, con Santa Teresa de Jesús. O outro enterramento que podemos observar, é o que se atopa arrimado ao muro norte do cruceiro e que pertence a Dona María de Bolaño (F.21), a cal está representada na efixie da súa tapa. Así mesmo, as imaxes labradas no lateral deste cadaleito fan referencia á clase á que pertencía esta familia por medio do escudo dos Bolaño  (Bolo + Año), e as representacións dos torreóns que tiñan nas súas posesións. Esta obra rematouse en 1543. Nunha inscrición da cabeceira pódese ler “Aquí yace Don Pedro de Miranda e a súa muller Doña Inés”. Eran os país de María de Bolaño.

Neste muro do cruceiro, atópase a porta chamada “dos mortos”. O seu significado refírese a que nun tempo no que abundaban as solicitudes de enterramento na igrexa coas súas correspondentes doazóns, debido á imposibilidade física de continuar enterrando no interior do templo por falta de espazo, procédese a bendicir unha parte do xardín regrar, ao cal se accedía por esta porta, facendo así o servizo de cemiterio.

A primeira capela, que está pegada ao muro norte do cruceiro, é a capela da Virxe das Dores (F.22) Este retábulo, feito no ano 1.734, divídese en dúas partes horizontais: A superior é posterior, e alberga unha imaxe de Santiago peregrino que non está ubicada no seu lugar orixinal. Na parte baixa, a imaxe central corresponde á Virxe das Dores, a da dereita a S. Froilán e a da esquerda a S. Atilano.

A seguinte capela, en fronte do soterramento de Frei Atanasio Zepeda, corresponde ao Altar do Cristo (F.23) o cal lle dá nome a toda a nave norte. Anteriormente,  nesta capela había un Cristo crucificado moito máis grande. Debido á súa sustracción modificouse o retábulo e instaláronse as imaxes que vemos hoxe en día. Actualmente a imaxe que preside a capela é o Cristo Nazareno, de fábrica recente e adquirido no ano 2010. Esta imaxe, xunto coa da Virxe das Dores, sae en procesión o Venres Santo. Ao lado dereito desta capela, atópase o retábulo de S. Bieito (F.24) quen iniciou  e redactou a regra de rectitude e austeridade que posteriormente adoptaría S. Roberto de Molesmes como directriz do císter, e que máis tarde, S. Bernardo de Claraval, elevaría ao seu máximo apoxeo. Este é o motivo polo que se  considera pais do císter a S. Bieito e a S. Bernardo.

Tanto o retábulo de S. Bieito coma o de S. Bernardo foron elaborados durante o abaciado de Frei Matías Saiz, entre 1779 e 1783. Na imaxe aparece acompañado dun corvo cun bolo de pan no peteiro (as imaxes que o rodean son: Sta. Xertrude, S.Mauro e S.Plácido). Igual que S. Bieito se identifica coa vestimenta moura, S. Bernardo fai o mesmo pero de branco, cor do hábito do císter.

A continuación está o altar maior (F.25 y 26) feito a medida durante o abaciado de Frei Gabriel Alonso (1783-1787). Nel represéntase a Asunción da Virxe María, sendo observado o seu cadaleito con estupor polos 11 apóstolos na parte inferior, e esperada polo Pai, o Fillo e o Espírito Santo; rodeados de anxos na parte superior. No lateral esquerdo aparece de novo a imaxe de S. Bieito e, no dereito, S. Bernardo. Xusto debaixo de cada ventá hai unha porta pequena que comunica cun corredor circular o cal desemboca nunha estancia cadrada. Este foi feito como deambulatorio. O seu uso non está totalmente esclarecido, pero sospéitase que puidera utilizarse como capela de rezo para clérigos alleos ao mosteiro ou incluso como custodia do relicario. O motivo desta crenza son as numerosas pinturas con imaxes de monxes cistercienses e beneditinos de principios do s.XVII. Na actualidade emprégase como sancristía.

A continuación, á dereita do altar maior, atópase o retábulo de S.Bernardo (F.27) moi similar ao de S.Bieito e rodeado por dúas imaxes femininas; á esquerda, Sta.Ludgarda e á dereita, Sta.Xuliana de Cornillón. Na parte superior aparecen S.Famiano e Sta.Umbelina, esta última era irmá de S.Bernardo.

A carón, á dereita, está a capela da Virxe do Rosario, pero adoptada polos fieis como Santa María de Meira, patroa da vila (F.28). É un retábulo elaborado durante o abaciado de Frei Fernando Carralero (1744-1747), dun estilo barroco moi recargado, con imaxes  laterais de S. Fernando III O Santo e S. Luís, rei de Francia, labores realizados por Miguel de Romay. Na parte superior do retábulo atópase unha imaxe da lactación de S.Bernardo. A imaxe da virxe é unha imaxe vestida (F.29) con cara e mans de madeira policromada. A perruca é feita de pelo natural, donativo dunha freguesa. Non loce alfaias pero si unha coroa. Esta imaxe sae en procesión o 15 e o 16 de agosto. Esta capela está comunicada coa capela de S. Xosé polo oco dunha ventá situada no muro medianeiro que as separa.

A estrutura do retábulo de S. Xosé é igual á do da Virxe, coincidindo tamén na súa datación. É moi destacable a imaxe central de S. Xosé co neno sentado no ombreiro esquerdo. É unha imaxe dun S. Xosé moi novo e con moito movemento e alegría. As imaxes laterais que complementan o retábulo pertencen, a da dereita, a Sta. Flora; e a da esquerda, a S.Valeriano. Na parte superior atópase a imaxe da Inmaculada Concepción.     Xa na parede sur do cruceiro sitúase un retábulo  fabricado durante o abaciado de Frei Angel del Mercado (1674-1677) seguramente por Gerónimo de Castro e Juan Carballo, no que se representa a lactación de S. Bernardo. Na parte superior atópanse a cada lado, de dereita a esquerda, as esculturas de S. Bernardo e S. Bieito respectivamente, e na parte inferior dúas escenas pintadas: unha de “S. Joaquín e Sta. Ana ensinándolle a ler á Virxe María”, e a outra “O descanso na fuxida a Exipto”. Este retábulo estivo anteriormente no Altar Maior ata que se instalou o actual no século XVIII. Cobre dúas portas tapiadas: abaixo, á esquerda, a que daba á sancristía, e arriba, á dereita, a dos maitines, que comunicaba co cuarto dos monxes. A continuación,  seguindo pola nave sur, á esquerda atópase,  primeiramente, a porta dos monxes, por onde estes accedían do claustro baixo ao interior do templo, exceptuando á hora dos maitines.

O seguinte retábulo corresponde a S.Antonio de Padua co neno na imaxe central, á dereita, S. Caetano e á esquerda, S.Sebastián. Exceptuando a imaxe de S.Antonio, nas outras dúas acentúase a desproporción das distintas partes do corpo, así como as dúas mans dereitas que ten S.Caetano. Estas observacións,  xunto cos datos existentes de que os propios monxes ou leigos acostumaban a colaborar nas construcións das propias igrexas, fainos pensar na posibilidade de que estas dúas imaxes pertenzan á fábrica dos propios monxes. A última imaxe ubicada nesta nave corresponde á Virxe de Fátima. É unha doazón de finais do s. XX. Seguida a esta figura, existe outra porta tapiada que correspondería aos CONVERSOS OU leigos, coa mesma función que a dos monxes, pero neste caso comunicaba co corredor de CONVERSOS OU leigos.

Xa no muro da fachada principal vemos unha pequena porta un pouco elevada que corresponde ao oco da torre do reloxo, e que no seu día albergaba unha escaleira de caracol para subir ao tellado. Esta escaleira destruíuse para que penduraran as pesas do reloxo. Actualmente está baleiro, posto que o reloxo é mecánico e a el accédese por medio do coro. De novo, á dereita, atopamos a porta da entrada principal que abre as súas impresionantes ferraxes cara a praza do concello.

La iglesia tiene planta de cruz latina cuenta con tres naves en el brazo mayor, una en el crucero y con cinco capillas en la cabecera (F.1). Está cubierta por una bóveda de cañón apuntado. Al igual que en la mayoría de los monasterios cistercienses, la fachada forma un ángulo recto con el resto del monasterio. Nada escapa a la característica severidad cisterciense. Desaparecieron totalmente el claustro procesional, la hermosa sala capitular y el resto de las estancias. Lo único que se conserva intacto del monasterio es la iglesia, que es la parte más artística. Es interesante porque conserva, más que ninguna otra en España, la pureza del Císter borgoñón.

La fachada sobria y sin imaginería está dividida en tres fragmentos verticales, traducción de la disposición interior. (F.2) El tramo central está, a su vez, repartido en otras dos zonas divididas por una moldura horizontal. En el primer tramo, al norte, destaca en la parte de abajo, una puerta tapiada de poca altura, que conducía al interior de la iglesia a través del baptisterio.

En el tramo central se distinguen con facilidad las dos zonas horizontales: la parte alta, en la que destaca un grandioso rosetón con arcos radiales circunscritos y cristales de colores. Aporta una gran luminosidad a la nave central y a la capilla mayor. En la parte baja, aparecen dos ventanas estrechas a los lados, y justo debajo, una magnífica puerta bajo un tímpano liso y flanqueada por tres columnas embebidas en cada jamba, de las que arrancan las arquivoltas que completan su decoración. Sin embargo, lo verdaderamente llamativo es la propia puerta de madera maciza y decorada con los herrajes originales del siglo XIII. (F.3)

La singularidad de estas piezas radica tanto en su calidad como en su rareza, ya que apenas quedan muestras en nuestro país. Entre la amplísima variedad de formas que adornan la puerta, podemos encontrar imágenes zoomórficas como perros,  serpientes, cabezas de jabalíes, una cabeza de dragón y una rana. (F.4) Además también aparecen repetidamente flores de lis. En el fragmento que corresponde a la nave sur, está la torre del reloj y el campanario, cuyas campanas marcan únicamente las horas.

En el lateral de esta misma nave (F-5), vemos los restos de los arranques de los arcos del claustro. Los monjes encargaron su construcción en 1585 a Juan de la Sierra,  natural de Secadura en Santander.  En el centro de cada unión hay dos arcos ciegos. Sobre estos, aparece otra puerta tapiada, también de medio punto.  En este caso serviría para dar acceso desde la parte alta del claustro, el corredor, al interior del templo. Saldría al coro alto.

Al final de esta arquería todavía se conserva una estancia cerrada de unión entre la parte alta del claustro y la iglesia (F.15).  Este era un acceso de uso exclusivo para los monjes,  al igual que eran las dos puertas tapiadas que se distinguen en la pared del crucero. La de abajo le correspondía a la sacristía, y la de arriba era la  “de Maitines”,  porque era usada por los monjes para acceder desde el dormitorio al templo para el primer rezo del día.

En lo alto de este mismo muro, observamos una impresionante espadaña con  tres campanas: dos colocadas a la par y una superpuesta. Realizadas en Mondoñedo por Blanco Palacio en los años 1.862 y 1866 (F-6). Son las encargadas de llamar a misa, anunciar difuntos…

Si rodeamos  el templo,  nos encontramos con cinco capillas. Cuatro son cuadradas e iguales, pero la central es de mayor tamaño y de forma semicircular. Está decorada con bolas, hojas, motivos geométricos y una cabeza de jabalí (igual a la que hemos visto en  la puerta principal). Las ventanas que le proporcionan  luz son abocinadas, estrechas y también de medio punto.

La capilla central tiene adosada una estancia cuadrada de su misma dimensión (F.7). Su construcción es posterior y recorre la parte trasera del ábside. En ella se sitúa la actual sacristía. En esta zona de la cabecera, si nos situamos mirando hacia la Sierra de Meira, es decir, hacia el naciente, vemos que a nuestra mano derecha aún existe un tramo de muralla de piedra que cercaba parte del entorno monástico, por lo menos en esta zona que linda con el río.

En la pared norte de la iglesia, se encuentra nuevamente una puerta en la zona del crucero que da acceso directo a la iglesia; y es la llamada “Porta dos mortos” (F-8). La entrada se compone de un arco de medio punto, portón de madera maciza y una puerta pequeña en el mismo portón. A los lados la acompañan dos pares de columnas con basas decoradas y bien conservadas. En la parte de arriba, hay una gran ventana que ilumina esta zona del crucero.

A lo largo del muro de esta nave norte (F-9) se conservan una serie de contrafuertes embebidos en la pared intercalándose con unas ventanas un poco más pequeñas que las vistas anteriormente en el crucero, pero mayores a las de la nave sur. En la parte de arriba hay otra serie de ventanas que aumentan la luminosidad de la nave central. Al final de este muro, nos encontramos de nuevo enfrente a la fachada principal de la iglesia y del resto del conjunto conservado, y que al día de hoy se utiliza como Casa Rectoral, Ayuntamiento y Oficina de Correos (F-10).

Dentro de la Iglesia destacan su altura y  claridad (F.12). Una claridad proporcionada por las ventanas y, en mayor medida, por  el rosetón (F.13). Según se entra en la Iglesia en la parte superior encontramos el coro realizado con un armazón de madera. En la actualidad,  se encuentra retrasado dos arcos, ya que el coro original ocupaba cuatro arcos. En las dos pilastras siguientes, en la tercera y cuarta, se aprecian todavía las  marcas en los pilares sobre los que se sostenía el coro y también se percibe el recorte del recorrido de los arcos fajones que bajan desde lo alto de la bóveda de cañón apuntado, ya que  su trayectoria es más corta que la del resto de los arcos de la iglesia.

Si consideramos la disposición original, podemos intuir que la puerta que aparece sobre el arco formero rebajado (F-14) servía para acceder desde la parte alta del claustro, coro alto anterior, lugar donde se situaban los monjes.

La situación del gran rosetón no es arbitraria, como no lo es ningún elemento que queramos estudiar. En este caso,  el rosetón servía para iluminar la Iglesia, era especialmente útil a última hora de la tarde , para rezar las vísperas y las completas, el último rezo del día.

En el arco siguiente a la puerta de entrada se aprecian con claridad las marcas en donde estaba encajada la reja de clausura que separaba la parte baja de la Iglesia hasta donde podía entrar el pueblo. Esta reja a día de hoy fue utilizada para cerrar el baptisterio. Alguna de estas piedras, que forman los arcos y el propio muro, aparece marcada con distintas señales. Estas marcas identificaban al cantero que las había labrado, encontramos, entre otras: “ +, A, R, I”, esta última es la más frecuente. Aparecen, sobre todo, en el lado norte del crucero y en las capillas de ese lado (F. 17).

En el fondo de la nave norte, entre las rejas se encuentra el baptisterio. La puerta que le da acceso desde el exterior del templo está tapiada en la actualidad. Bajo la pila Bautismal que se encuentra allí,  se valora la posibilidad de que esta una piscina de inmersión. De esta manera, la persona no bautizada que quisiese entrar en la Iglesia, tendría que acceder por esta estancia, bautizarse y luego se abriría la reja para unirse al resto del pueblo. (F. 16)

En esta misma nave del baptisterio, a media altura está situado el retablo de Santiago (F. 19). La imagen central corresponde a Santiago sobre su caballo, y situado en el lado izquierda está San Roque (copatrono de esta parroquia); y San José en el derecho. De este retablo no hay referencias en cuanto a la fábrica ni en cuanto al autor o autores. Solamente se sabe que la Orden de Santiago hizo en este Monasterio de Meira un altar dedicado a Santiago y que probablemente sea este.

Al final de esta nave, aparece un enterramiento en cuya lápida esculpida en piedra (F. 20)  leemos  que pertenece a Fray Atanasio Zepeda. Este monje procedía del Monasterio de Sobrado de los Monjes, y quiso que lo enterrasen en el monasterio Meira en 1659. Estaba emparentado con el linaje de los Zepeda de Ávila, al que pertenecía Santa Teresa de Jesús, Teresa de Cepeda y Ahumada. El otro enterramiento que podemos observar es el que se encuentra arrimado al muro norte del crucero y que pertenece a Doña María de Bolaño (F. 21), cuya figura se representa en la tapa del sarcófago. Asimismo, podemos apreciar las imágenes labradas en el lateral de esta arqueta y que hacen referencia a su familia gracias al escudo que allí aparece, el  de los Bolaño (Bolo + Año) y la representación de los torreones que poseían. Esta obra se remató en 1543. En una inscripción de la cabecera se puede leer: “Aquí yace Don Pedro de Miranda y su mujer Doña Inés”, los padres de María de Bolaño.

En este muro del crucero, se encuentra la puerta llamada “de los muertos”. Su significado se refiere a que en un tiempo en el que abundaban las solicitudes de enterramiento en la iglesia y a causa de la imposibilidad de continuar enterrando en el interior del templo por falta de espacio,  se procede a bendecir una parte del jardín reglar al cual se accedía por esta puerta haciendo el servicio de cementerio.

La primera capilla  que está pegada al muro del crucero es la capilla del la Virgen de los Dolores (F.22). Este retablo fue construido en 1734, se divide en dos partes horizontales. La superior y la inferior y albergan una imagen de Santiago peregrino que no está ubicada en su lugar original. En la parte baja, la imagen central corresponde a la Virgen de los Dolores, a la derecha, San Froilán; y a la izquierda, San Atilano.

La siguiente capilla, enfrente del enterramiento de Fray Atanasio de Zepeda corresponde al altar dedicado a  Cristo (F. 23), el cual da nombre a la nave norte. Anteriormente en esta capilla había un Cristo Crucificado de mayor tamaño. Debido a su sustracción, se modificó el retablo y se colocaron las imágenes que vemos hoy en día. La imagen que preside esta capilla es un Cristo Nazareno de fábrica reciente y fue adquirido  en el año 2012. Esta imagen, junto con la de la Virgen de los Dolores, sale en procesión el Viernes Santo. Al lado derecho de esta capilla se encuentra el retablo de San Benito (F.24). Fundador de la orden benedictina y redactor de la regla de rectitud y austeridad que posteriormente adoptaría S. Roberto de Molesmes. Estas directrices del Císter serían más tarde revisadas por  San Bernardo de Claraval, que las llevaría a su máximo esplendor. Por esta razón se considera que  San Benito y San Bernardo son los  padres del Císter.

Tanto el retablo de San Benito como el de San Bernardo fueron elaborados durante el mandato abacial de Fray Matías Saiz, entre 1779 y 1783.

En la imagen de San Benito aparece acompañado de un cuervo con un bollo de pan en el pico. Las imágenes que lo rodean son Santa Gertrudis, San Mauro y San Plácido. Igual que San Benito se identifican con vestimenta negra; sin embargo,  S. Bernardo porta el hábito cisterciense de color blanco.

A continuación está el altar mayor (F.25 y 26) hecho a medida durante el abadiado de Fray Gabriel Alonso (1783-1787). En él se representa la Asunción de la Virgen María. Los once apóstoles en la parte inferior observan su sepultura con estupor; mientras que en la parte superior es esperada por el Padre, el Hijo y el Espíritu Santo rodeados de ángeles. En el lado izquierdo aparece de nuevo la imagen de San Benito y la de San Bernardo a la derecha. Justo debajo de cada ventana hay una puerta que comunica con un corredor circular  el cual desemboca en una estancia cuadrada. No estamos seguros de su función, pero se sospecha que pudiera utilizarse como capilla de rezo para clérigos ajenos al monasterio o, incluso, como custodia del relicario. Nos basamos para esta hipótesis  en  las numerosas pinturas con imágenes de monjes cistercienses y benedictinos de principios del siglo XVII. Hoy en día se emplea como sacristía.

A continuación, a la derecha del altar mayor se encuentra el retablo de San Bernardo (F.27) muy similar al de San Benito y rodeado por dos imágenes femeninas; a la izquierda Santa Ludgarda y a la derecha Santa Juliana de Cornillón. En la parte superior aparece San Famiano y Santa Umbelina, esta última era hermana de San Bernardo.

A lado, a la derecha está la capilla de la Virgen del Rosario, que los fieles de Meira han adoptado como patrona de la villa. (F.28) Es un retablo elaborado durante el abadiado de Fray Fernando el Santo y San Luis, Rey de Francia. Obra realizada por Miguel de Romay. En la parte superior del retablo se encuentra una imagen de la lactación de San Bernardo. La imagen de la Virgen es una talla  vestida (F.29) cuyo  rostro y manos son de madera policromada. La peluca está realizada con pelo natural, donativo de una feligresa. Esta imagen sale en procesión el día 15 y 16 de agosto. La capilla está comunicada con la dedicada a San José a través del hueco de una ventana situada en el muro medianero.

La estructura del retablo de San José igual que el de la Virgen, coincidiendo también con su fechad de realización. Destaca la imagen central de San José con el niño sentado en el hombro izquierdo. Es una imagen de un San José muy joven y que expresa mucho movimiento y alegría. Las imágenes de los lados que complementan el retablo pertenecen a Santa Flora y, situado a la izquierda, a San Valeriano. En la parte superior se encuentra la imagen de la Inmaculada Concepción. Ya en la pared sur del crucero se sitúa un retablo fabricado durante el alaciado de Fray Ángel del Mercado (1674-1677) seguramente por Gerónimo de Castro y Juan Carballo, en el que se representa la lactación de San Bernardo. En la parte superior se encuentran, de derecha a izquierda, las esculturas de San Bernardo y San Benito respectivamente, y en la parte inferior dos escenas pintadas: una de “San Joaquín Santa Ana enseñándole a leer a la Virgen María” y la otra “El descanso en la huida de Egipto”. Este retablo ha estado con anterioridad en el altar mayor hasta que se instaló el actual en el siglo XVIII. Cubre las dos puertas tapiadas: abajo a la izquierda, que sería la salida de la sacristía; y arriba a la derecha la de los maitines que comunicaba con el cuarto de los monjes.

A continuación, siguiendo por la nave sur, a la izquierda se encuentra primeramente la puerta de los monjes, por donde accedían del claustro bajo al interior del templo, exceptuando la hora de maitines.

El siguiente retablo corresponde a San Antonio de Padua con el niño, es la imagen central, a la derecha San Caetano y a la izquierda San Sebastián. A excepción de la imagen de San Antonio, en los otras dos tallas llama la atención la desproporción entre  las distintas partes del cuerpo, así como el hecho de que San Cayetano tenga dos manos derechas.

La última imagen ubicada en esta nave corresponde a la Virgen de Fátima. Es una donación de finales del siglo XX. Al lado de esta imagen, hay otra puerta tapiada, que correspondería a los conversos o legos. Tendría con la misma análoga a  la de los monjes, pero en este caso comunicaría con el corredor de conversos y legos.

Ya en el muro de la fachada principal vemos una pequeña puerta, un poco elevada que corresponde al hueco de la torre del reloj, y que, en su día, albergaba una escalera de caracol para subir al tejado. Esta escalera se destruyó, para que colgasen las pesas del reloj. En la actualidad se sigue utilizando para las pesas del reloj, ya es mecánico. A  él se accede por el coro. Para finalizar nuestra visita, a la derecha encontramos nuevamente, la puerta de la entrada principal que abre a sus impresionantes herrajes hacia la Plaza del Ayuntamiento.